ACT TV 2022

ENTREVISTAS

15 Ago 2022

Último longo CaixaBank

Último longo CaixaBank

Golpe na mesa dos patróns de Orio Orialki na clasificación do Mellor Patrón CaixaBank e Mellor Patroa EiTB Saria

Entrando nas últimas semanas da competición, tanto na Liga Eusko Label como na Liga Euskotren, os patróns de Orio Orialki teñen perto o título que os acreditaría como mellores patróns. 
 
No caso do equipo feminino, aseguraron matematicamente que son as campionas da Liga Euskotren. Grazas a isto, esta fin de semana, en Zarautz, subirá o equipo de Orio Orialki ao completo a recibir o maillote de Campionas da Liga Euskotren. O maillote coa estrela de CaixaBank que portou a súa patroa ao longo das últimas semanas da competición. Malia non vestir o maillote de Mellor Patroa EiTB Saria, Nadeth Agirre ten unha vantaxe de sete puntos sobre Andrea Astudillo, polo que está a un punto de asegurar ser a mellor patroa da competición máis unha tempada.
 
No caso da competición masculina, Bermeo Urdaibai segue a liderar a Liga Eusko Label, e a pugna pola Coroa CaixaBank mantense a tres puntos con Matrix Hondarribia e ampliase a cinco puntos con Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100. 
 
No referido á clasificación do Trofeo Mellor Patrón CaixaBank, Ander Etxegoien ten unha vantaxe de 25 puntos sobre Unax Eizagirre. Na xornada do domingo, os 10 puntos do patrón de Orio Orialki frente os 2 do patrón da "Esperantza", foron importantes para que Etxegoien teña a man o seu segundo título de Mellor Patrón CaixaBank.

Voltar