ACT TV 2022

ESPECIAL

01 Ago 2022

Último longo CaixaBank

Último longo CaixaBank

Ander Etxegoien aumenta a vantaxe na clasificación de Mellor Patrón CaixaBank

Chegados ao ecuador da competición, Ander Etxegoien segue a comandar a clasificación do Mellor Patrón CaixaBank. Máis unha semana, o patrón getariarra de Orio Orialki seguirá a vestir o maillote coa estrela da entidade financeira ao ampliar aínda máis a vantaxe sobre os seus perseguidores. A súa homóloga, Nadeth Aguirre, tamén está a liderar a clasificación de Mellor Patroa EiTB. Con dúas vitorias neste apartado, a oriotarra érguese no máis alto da clasificación, tendo unha vantaxe de tres puntos sobre Nerea Perez. 

A tripulación feminina de Orio Orialki tamén levará o maillote coa estrela de CaixaBank, ao seguiren liderando a Liga Euskotren por outra semana máis. Coas dúas vitorias obtidas esta fin de semana en augas de Getxo e Lekeitio, obteñen unha vantaxe de 4 puntos con respecto a Donostia Arraun Lagunak. 

Na Liga Eusko Label, Matrix Hondarribia estreou o maillote de líder, e tras a fin de semana, manteno, cun punto de vantaxe sobre Amenabar Donostiarra Ur Kirolak 100, quen, malia conseguir a súa terceira vitoria da tempada no sábado, na xornada do domingo cruzaba a liña de meta na terceira posición.
 

Voltar