ACT TV 2023

ESPECIAL

22 Ago 2023

Último Longo CaixaBank: Zarautz

Último Longo CaixaBank: Zarautz Último Longo CaixaBank: Zarautz

Falan os patróns e as patroas máis destacadas da fin de semana

Despois da dobre xornada da Zarauzko Ikurriña desta fin de semana, a Liga Euskotren Liga chegou ao seu remate, con dúas vencedoras, Donostia Arraun Lagunak como campioas da Liga Euskotren, e Nerea Pérez como campioa da Mellor Patroa EITB Saria. Na Liga Eusko Label, Bermeo Urdaibai foi o máis forte da fin de semana.

Na dobre vitoria de Bermeo Urdaibai, ademais de conseguiren a Zarauzko XLVI. Ikurriña, sérvelles tamén para obteren unha renda de nove puntos na clasificación da Liga Eusko Label, a falta de catro xornadas. 

Na competición feminina, Donostia Arraun Lagunak coa súa vitoria e vantaxe do sábado, gañou por primeira vez a Zarauzko Ikurriña con tres segundos de vantaxe sobre Nortindal Donostiarra Ur Kirolak. Deste xeito, a Lugañene tamén conseguía o seu segundo título da Liga Euskotren, despois do conseguido na tempada 2021. 

No referido ao labor dos patróns e patroas, o campo de regatas de Zarautz en mar aberto, esixiu a todos un traballo extra para poderen manter o ritmo da regata. Na clasificación masculina Gorka Aranberri aumenta a diferenza na clasificación de Mellor Patrón CaixaBank, e o patrón de Bermeo Urdaibai vai a camiño de conseguir o seu primeiro título persoal. O zarauztarra lidera a clasificación con 117 puntos, mentres que o segundo clasificado Ioseba Amunarriz conta con 99 puntos. Tras a mudanza na normativa desta tempada, dita clasificación finalizará coa xornada de Getaria, onde os doce equipos desputarán conxuntamente a última xornada. 

Respecto á clasificación de Mellor Patroa EITB SARIA, Nerea Pérez, patroa de Nortindal Donostiarra Ur Kirolak remonta na última xornada, onde tivo que remontar os catro puntos de vantaxe que tiña Miren Garmendia. A patroa da Bantxa, grazas ás súas vitorias nesta clasificación, desempata coa patroa de Hondarribia Bertako Igogailuak, ambas con 69 puntos.  

Voltar