ACT TV 2023

ESPECIAL

28 Ago 2023

Último Longo CaixaBank: Ondarroa e Getaria

Último Longo CaixaBank: Ondarroa e Getaria

Gorka Aranberri foi o patrón máis destacado da fin de semana

Logo das dúas xornadas desputadas esta fin de semana en mar aberto, a Liga Eusko Label despide o mes de agosto, e fica cos primeiros oito clasificados. As regatas de Ondarroa e Getaria deixáronnos unhas imaxes impresionantes grazas ao estado do mar, obrigando os patróns a realizaren un esforzo extra para controlaren as traiñeiras. 

No referido á clasificación xeral, Bermeo Urdaibai mantense firme no liderado da Liga Eusko Label. A Bou Bizkaia mantén os nove puntos de vantaxe sobre os seus perseguidores a falta de dúas xornadas. Grazas ao sétimo posto dos biscaínos na Ondarroako XXXIX. Bandera – Cikautxo SN, Hondarribia recuperou catro puntos na clasificación xeral, e colocábase a cinco puntos. No domingo, na XIV. Getariako Ikurriña, a moeda mudou de cara, e coa vitoria de Urdaibai, e o quinto posto da Ama Guadalupekoa, os de Iker Zabala recuperaban os nove puntos de vantaxe. Así, Gorka Aranberri subía ao barco de autoridades para recibir o maillote de líderes da Liga Eusko Label. 

Na clasificación do premio ao Mellor Patrón CaixaBank, na última xornada, o patrón de Bermeo Urdaibai Gorka Aranberri conseguía os últimos 12 puntos da tempada. Con esta segunda vitoria, o zarauztarra sumaba 138 puntos, gañando por primeira vez o premio de Mellor Patrón CaixaBank.
 

Voltar