Novas 2023

COMPETICION

04 Xul 2023

Último Longo CaixaBank: A Coruña

Último Longo CaixaBank: A Coruña

Andrea Astudillo, Donostia Arraun Lagunak e Borja Gómez, Zierbena Bahías de Bizkaia, comparten as súas sensacións ao vestiren o maillote de líder

O primeiro fin de semana de competición deixounos un sabor agridoce, coa suspensión da primeira xornada. O domingo, porén, si que puidemos encetar a nova tempada coa desputa da VII-VI Bandeira Cidade da Coruña cunha grande xornada deportiva. 
 
Todos os deportistas da Liga Eusko Label e Liga Euskotren lidaron cunhas condicións de mar bastantes adversas, e cruzaron a liña de meta dando unha grande exhibición. Malia o esforzo de todos, catro deportistas destacaron sobre o resto. 
 
Na categoría feminina, Nerea Pérez, patroa de Nortindal Donostiarra, foi a patroa máis destacada entre as oito participantes, e grazas aos 8 puntos conseguidos, veste o maillote de Mellor Patroa EITB Saria para a regata da casa. 
 
Andrea Astudillo, patroa de Donostia Arraun Lagunak, foi a primeira en ondear a primeira bandeira da tempada. Grazas a esa vitoria, tamén vestiu o maillote de líder da Liga Euskotren, que lucirá o vindeiro sábado na VII Bandeira Fabrika. 
 
Na categoría masculina, Getaria foi unha das sorpresas da primeira xornada co seu terceiro posto. O bo facer do plantel tamén facilitou que o seu patrón Unax Eizagirre, obtivese os doce puntos da clasificación de Mellor Patrón CaixaBank. Así, o patrón getariarra portará o maillote coa estrela da entidade financeira na regata de Donostia, igual que na tempada pasada. 
 
Respecto á clasificación da Liga Eusko Label, Zierbena Bahías de Bizkaia foi a traiñeira máis rápida en cruzar o campo de regatas. Grazas á vitoria, na XV Bandeira Fabrika será o equipo galipo quen vista co maillote de líder. 

Voltar