Novas 2023

COMPETICION

31 Xul 2023

Último Largo CaixaBank: Getxo e Santurtzi

Último Largo CaixaBank: Getxo e Santurtzi

Falan os patróns e as patroas máis destacadas da fin de semana

Coas regatas de Getxo e Santurtzi chegamos ao ecuador da competición, logo da desputa das primeiras dez xornadas. Esta fin de semana foi moi intensa para os equipos, que tiveron que lidar con unha regata en mar aberto e outra de ría. Ao final da fin de semana, tanto Bermeo Urdaibai como Donostia Arraun Lagunak, manteñen a diferenza a respecto dos seus perseguidores. 

Na xornada do sábado na Getxoko Estropaden XLV. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XIX. Omenaldia, Bermeo Urdaibai foi a traiñeira máis rápida, e conseguiu a cuarta vitoria consecutiva da tempada. Pola súa banda, na Getxoko Estropaden XV. Ikurriña - JA Agirre Lehendakariaren XIX. Omenaldia, Orio Orialki foi quen levou a vitoria grazas ao seu traballo dende o primeiro longo, deixando atrás a líder Donostia Arraun Lagunak. 

Na xornada do domingo, Hondarribia foi a traiñeira máis rápida da Santurtziko XLIV. Ikurriña, aínda que do carreiro oposto, Bermeo Urdaibai estivo a piques de acadar á Ama Guadalupekoa. Na estrea da Ikurriña Hospital San Juan de Dios Santurtzi, Nortindal Donostiarra foi a que mellor se adaptou ás características do campo de regatas, onde as oito traiñeiras tiveron que remar máis distancia da habitual. Donostia Arraun Lagunak recuperou o punto perdido na xornada anterior respecto a Orio Orialki que foi terceira na xornada.

No referido ao traballo dos patróns, este fin de semana houbo mudanzas. Na categoría masculina, Unax Eizaguirre igualou na clasificación a Gorka Aranberri, e enfundou o maillote do Mellor Patrón CaixaBank. O domingo, debido ao fallo dun GPS, non se repartiron os puntos, polo que o patrón de Getaria foi quen saiu como mellor patrón na xornada do sábado en Hondarribia. 

Na clasificación feminina, Nadeth Agirre aguantaba o liderado de mellor patroa na xornada do sábado, pero o domingo, Miren Garmendia, segunda na xornada, erguíase co liderato da Clasificación de Mellor Patroa EITB Saria. Así, a patroa da Ama Guadalupekoa na regata da súa localidade vestirá o maillote que distingue á mellor patroa. 

Voltar