Novas

ESPECIAL

10 Ago 2020

Loita polo playoff da Liga Euskotren

Loita polo playoff da Liga Euskotren

7 equipos da Liga ETE e da LGT solicitaron convite para poderen participar no playoff de Bermeo e Portugalete

Xa coñecemos os nomes dos clubs que aspiran a participaren no playoff de ascenso e gañaren a condición de equipo da Liga Euskotren para a vindeira tempada. Estas dúas xornadas de promoción desputaranse no 19 e 20 de setembro en Bermeo e Portugalete.

Os clubs que se inscribiron solicitando convite para participaren nestas dúas xornadas do playoff de ascenso en caso de que se clasificaran nas súas correspondentes competicións son, da parte da Liga ETE, Ondarroa Arraun Elkartea, Deusto Tecuni Bilbao, San Juan, Tolosaldea Arraun Kluba, Hibaika Jamones Ancín e Zumaia Salegi Jatetxea. E da parte da LGT, Cabo.

Voltar