ACT TV 2021

ESPECIAL

03 Xu˜ 2021

Liga Eusko Label durante máis catro anos!

Liga Eusko Label durante máis catro anos!

A marca vasca seguirá a dar nome á competición nas vindeiras catro tempadas

O acordo, que se rubricou nesta mañá en Orio, supón a continuidade de Eusko Label como patrocinador principal da Liga, mantendo así o naming da competición masculina durante máis catro tempadas. Deste xeito, a marca vasca seguirá canda CaixaBank e Euskotren como principal patrocinadora da ACT.

Segundo Peli Manterola, Director de Hazi, Fundación do Goberno Vasco para o Desenvolvemento Rural, Litoral e Alimentario ”é un patrocinio que achega beneficios a ambas as dúas partes. Unha actividade deportiva como o remo, ligado ao mundo do mar, e o sector arrantzale, a simbiose é perfecta. Apenas podemos agradecer á ACT, e seguirmos a traballar canda eles no futuro”. 

Pola súa banda, Borja Rodrigo, presidente da ACT, salienta que “este acordo con EUSKO LABEL permítenos continuar a darmos estabilidade a unha competición que segue medrando ano a ano en canto á actividade que desenvolve e xera, no nivel deportivo e no alcance xeográfico, sendo a competición referente do banco fixo. Todo un orgullo que dúas marcas asociadas e ligadas á calidade, referentes na súa actividade e selo de garantía, vinculen os seus camiños por máis 4 anos”.

Presenza da imaxe
Como vén sendo habitual nas últimas catro temporadas, a imaxe da Liga, onde se inclúe a K de Kalitatea estarán presentes tanto nas popas das traiñeiras, como na parte esquerda dos maillotes dos deportistas. 
 
Ademais da presenza do logo, Eusko Label tamén dará cor ao maillote do líder da liga a través das súas cores. O maillote vermello e negro, deseñado e fabricado por Negua Official Partner da ACT, distinguirá o líder da Liga. Na Coruña, a primeira xornada da Liga Eusko Label, será Santurtzi Transportes y Grúas Aguado quen o vista por mor da súa condición de vixente campión. 
 
Produtos locais
A marca Eusko Label é moi coñecida entre os consumidores de Euskadi. O seu distintivo é para pór en destaque aqueles produtos agroalimentarios producidos, transformados e/ou elaborados en Euskadi, cuxa calidade, especificidade ou singularidade superan a media. Entre elas, atopamos 16 produtos de Euskadi ou diferentes producións como as Denominacións de Orixe do Queixo Idiazabal, do Txakoli de Álava, Bizkaia e Getaria, a Denominación de Orixe da Rioja Álavesa, os produtos con Eusko Baserri ou os produtos de Agricultura Ecolóxica.     

Voltar