Novas 2020

ESPECIAL

27 Ago 2020

Lekittarra Elecnor non viaxará a Galiza

Lekittarra Elecnor non viaxará a Galiza

O equipo biscaíno terá que ficar na casa logo de coñecerse un positivo de COVID-19 no plantel

11 serán as traiñeiras que finalmente competirán nesta fin de semana nas dúas seguintes regatas da Liga Eusko Label que se desputarán en Galiza. Lekittarra Elecnor, logo de se coñecer un caso positivo de COVID-19 no plantel, non viaxará a Galiza para participar nas regatas de Ares e Boiro.

A entidade biscaína notificou o positivo nunha proba realizada a un deportista, polo que, seguindo as indicacións dos protocolos de actuación da ACT e as Autoridades Sanitarias, o plantel terá que facer corentena. O resto do plantel someteuse aos correspondentes testes PCR para descartaren máis positivos no seo do equipo.

Deste xeito, e tendo en conta a media de puntos obtida até hoxe nestas 14 xornadas, Lekittarra Elecnor sumará 5 puntos en cada unha das dúas xornadas que cause baixa.

Voltar