ACT TV 2014

ESPECIAL

14 Dec 2014

La gran fiesta de la Prensa y la ACT

La gran fiesta de la Prensa y la ACT

A embarcación da Asociación logra imporse con un tempo de 8’03’’10 mentres que a dos xornalistas fica con unha marca de 8’18’’60

Pasaia acolleu esta mañá unha regata moi peculiar na que os xornalistas que de cotío cubren a Liga San Miguel e a Liga Euskotren enfrentaron unha traiñeira composta polos directivos dos clubs da ACT e membros da Asociación. Unha xornada que comezou ás 9.00 horas no novo club de San Juan Iberdrola e en onde agardaba Juan Mari Etxabe, adestrador da ‘Batelerak’, vixente campioa da Liga Euskotren, quen deu unha clase práctica a todos aqueles que adestraban hoxe no mundo do remo.

Unha vez finalizado este ‘clinic’ de remo, foi o tempo de preparar as embarcacións e axustar medidas. A Prensa vogou na embarcación rosa de San Juan Iberdrola, mentres que a ACT fíxoo na ‘Libia’ de San Pedro Ecolmare. Despois de se someteren os remeiros ao rigoroso control de embarque, ambas traíñas sairon quentar e inspeccionar o campo de regatas no que ían enfrentarse. Chegadas as 10.30 horas, o xuíz Roi Vega deu o bandeirazo de saída e desde as primeiras padas a embarcación da ACT quixo amosar a proa da súa traíña. A prensa resistiuse a perder o ritmo da regata e poucos segundos eran os que as separaba na primeira baliza. A partir dese momento, a traíña da ACT comezou a se destacar cada vez máis da embarcación de Prensa, grazas en boa medida ao bo facer da embarcación rosa nas manobras, marchando finalmente a vitoria ás mans da embarcación da ACT con un tempo de 8’03’’10. Pola súa banda, a traíña de Prensa  parou o crono con un rexistro de8’18’’60.

A embarcación gañadora estivo composta por Josune Ugarte, Mikel Rubio, Javi Rivero, Iñigo Garmendia, Joserra Garate, Oihana Cereijo, Miguel Vieitez, Kalixa Silanes, Eugenio Fenández, Juan Mari Etxabe, Isi Sistiaga, Xabi Zubiri, Mario Vidal e Inder Paredes, quen foi o encargado de apañar a bandeira que acredita á ACT como campioa deste desafío. Da outra banda, Kepa Iribar, Adrià Llagostera, Gaizka Lasa, Unai Elizasu, Julen Ensunza, Jabier Izquierdo, Aner Gondra, Imanol Arruti, Xabi Larrañaga, Manu Maritxalar, Iñigo Goñi, Iban Biaga, Xarpas e Patxi Egurrola foron quen completaron a embarcación de prensa.

A xornada concluiu con un almorzo no propio club de San Juan, no que o presidente da ACT, Pedro Andueza, xunto con toda a directiva, aproveitaron para desexar un bo Nadal e un próspero ano novo a todos os presentes.

Voltar