Novas 2013

ESPECIAL

29 Xan 2013

"LA CAIXA" PATROCINARÁ AS DÚAS VINDEIRAS EDICIÓNS DA LIGA SAN MIGUEL DE TRAIÑAS

"LA CAIXA" PATROCINARÁ AS DÚAS VINDEIRAS EDICIÓNS DA LIGA SAN MIGUEL DE TRAIÑAS

Grazas a este acordo, o trofeo que se entrega ao campión da Liga San Miguel denominarase Coroa"la Caixa"; A entidade premiará ao 'Mellor Patrón da Liga San Miguel e á embarcación que lidere a competición feminina cun maillote de cor branca co distintivo de "la Caixa"

"la Caixa" chegou a un acordo coa Asociación de Clubs de Traíñas para patrocinar durante os dous vindeiros anos a Liga San Miguel que organiza a ACT. O convenio foi subscrito por Juan Pedro Badiola, Director Territorial de "la Caixa" no País Vasco e Cantabria, Pedro Andueza, recentemente reelixido presidente da ACT.Ambos representantes estiveron acompañados por Joseba Amunarriz, mellor patrón da tempada 2012 con Hondarribia Orsa, e Nagore Osoro, patroa da traíña campioa da Liga Euskotren 2012, Zumaia Salegi Jatetxea, nun acto celebrado na oficina principal da entidade financeira na Gran Vía bilbaína.

 

Grazas a este convenio, o trofeo da competición máis importante de traíñas pasa a se denominar COROA "la Caixa". A entidade financeira tamén patrocinará o galardón de "Mellor Patrón" da competición masculina e distinguirá a líder da competición feminina de cada xeira. En ambos casos faráselles entrega dun maillote de cor branca co distintivo de "la Caixa". O galardón ao "Mellor Patrón" terá como colofón un premio en metálico de3.000 euros. As cores da entidade tamén estarán presentes nas balizas, meta, remos, etc. Cómpre salientar que unha das xornadas da Liga San Miguel levará a denominación de la Caixa, regata polo de agora sen definir.


A Asociación de Clubs de Traíñas (ACT) fai xa a súadécimo-primeira tempada sendo unha referencia imprescindíbel para os miles de afeccionados que asisten ás regatas que se celebran na costa cántabro-atlántica cada fin de semana.

 

Referencia tamén para os medios de comunicación que dan seguemento á competición e para unha entidade como "la Caixa" con forte arraigo no Cantábrico, que ve na Liga de Traíñasa oportunidade de pór de manifesto o seu compromiso con este territorio, apoiando deportes locais tan emblemáticos como o remo ou a pelota vasca, que tamén patrocina. Segundo Juan Pedro Badiola, "la Caixa" comparte"todos e cada un dos valores que inspiran este deporte, como o esforzo, a superación persoal, o traballo en equipo ou o fair play".

 

A presenza de "la Caixa" fará que este entrañábel e espectacular deporte continúe remando con firmeza cara un futuro moderno e cheo de novidades, mantendo sempre a súa identidade.

Voltar