ACT TV 2014

ESPECIAL

17 Xul 2014

?la Caixa? consolídase en Pasaia

?la Caixa? consolídase en Pasaia

Esta mañá presentáronse na Confraría de Pescadores de Pasai San Pedro a II Bandeira la Caixa e a III Bandeira Euskotren,  que se disputarán este sábado ás 18.00 horas

A II Bandeira la Caixa xa é unha realidade e este sábado en Pasai San Pedro a partir das 18.00 horas porase en xogo. Unha bandeira que, ademais, chegará acompañada pola III Bandeira Euskotren que porá nome á terceira xornada da competición feminina e servirá para que as catro mellores tripulacións femininas se crucen soas por primeira vez. Por outra banda, a competición masculina, que comezará unha vez finalizada a feminina, cumprirá na baía pasaitarra a súa sexta xornada.

Unha regata que voltará ter un formato moi particular e no que os clubs deberán completar un percorrido de seis longos con cinco ceavogas no interior da baía pasaitarra, o que obrigará as tripulacións a facer uso de todo o seu potencial e habilidade na maniobra. Así, as quendas chegarán compostas da seguinte maneira: na primeira vogarán Urdaibai Avia, Pedreña, San Pedro Ecolmare e Astillero; na segunda estarán Portugalete Eulen, San Juan Iberdrola, Cabo e Zierbena Bahías de Bizkaia; mentres que na quenda de honra batiranse Tirán Pereira, Kaiku Ambilamp, Hondarribia Orsa e o vixente líder da Liga San Miguel, Orio Babyauto.

Á presentación celebrada esta mañá na Confraría de Pescadores de Pasai San Pedro achegáronse o presidente de Sanpedrotarra, Antxon Korman, así como o presidente da ACT, Pedro Andueza. Todos eles quixeron facer un chamamento a toda a afección a se achegar a unha das regatas máis “particulares” da tempada e na que o espectáculo está garantido.

III Bandeira Euskotren

Antes de que se dea o bandeirazo de saída á proba masculina, comezará a terceira xornada da Liga Euskotren a partir das 18.00 horas. Neste caso, as catro participantes cubrirán unha distancia dunha milla e media repartidas en tres longos e dúas ceavogas polo que a saída destas será na zona Lezo. Ata alí achegarase a vixente campioa, Zumaia, así como a actual líder, San Juan Iberdrola, Hibaika Jamones Ancín e as galegas de Samertolameu.

Voltar