Novas 2021

ASOCIACION

08 Xu˜ 2021

KELER, cervexa oficial da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren 2021

KELER, cervexa oficial da Liga Eusko Label e da Liga Euskotren 2021

A cervexeira, de orixe donostiarra, convértese en patrocinador oficial da ACT na vindeira tempada    

A poucos días de arriar estachas na Coruña, a competición comeza a coller a cor das diferentes embarcacións que comporán a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren 2021. Ademais de facelo na auga, a competición vai collendo forma en terra coa incorporación dunha nova compañeira de viaxe: a cervexa Keler.    

Keler convértese en patrocinador oficial da tempada 2021. Tanto Keler como a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren, teñen como denominadores comúns a tradición, a identidade e anos de experiencia a ser referente no territorio vasco. Borja Rodrigo, presidente da ACT, salienta que "para a Asociación é unha nova moi relevante, polo feito de que unha marca tan importante como Keler suba á traiñeira da ACT. Estamos satisfeitos de que máis unha marca privada escolla a nosa competición e o noso proxecto para difundir a súa imaxe e marca, apoiándose nas nosas Ligas polo forte arraigo e importante alcance e repercusión que ofrece a nosa competición. De igual xeito estamos moi contentos por podermos contar cun novo compañeiro como Keler, unha fortísima marca local. Alégranos moitísimo que os camiños da ACT e Keler se liguen así, tendo ademais moitos elementos en común en relación a un xeito de compartir e gozar os elementos propios das nosas tradicións. Sen dúbida trátase dunha magnífica incorporación que reforzará a nosa actividade na fan zone."   

Keler, identidade donostiarra desde 1872    
Dende a súa fundación, Keler suma tradición, raíces e visión de futuro. Un século e medio de historia ligado á terra gipuscoana convértena, non apenas nunha cervexa, mais nunha forma de ser.

Patrocinador da Real Sociedad e do Festival de cine de San Sebastián entre moitos outros, Keler apoia a cultura e sociedade vasca de xeito incondicional. éndose na cervexa oficial da ACT, a marca segue a consolidar o seu soporte incondicional a iniciativas e eventos do territorio, até, nun momento como o actual.
 

Voltar