Novas 2020

ESPECIAL

31 Ago 2020

Kaiku Vusa di adeus á Liga Eusko Label

Kaiku Vusa di adeus á Liga Eusko Label

Os de Sestao din adeus logo de 12 anos consecutivos na máxima categoría do remo

Despois das dúas últimas regatas desputadas en Ares e Boiro, nas que foron a décimo quinta e décimo sexta xornada da tempada, a Liga Eusko Label despide a un dos seus ilustres participantes. Kaiku Vusa descende da elite do remo por ter ficado na última posición na tempada regular (12º - 40 pts.)

O equipo de Sestao participou por primeira vez na máxima categoría do remo no 2009, e non tardou en se er nun dos galos da competición. No 2011, a ‘Bizkaitarra’ levou a súa primera Coroa CaixaBank, e despois dela, fíxose con dúas máis de forma consecutiva (2012 e 2013), o que lles valeu para se iren no primeiro club en conseguiren este ansiado trofeo en propiedade.

Hoxe, comeza unha nova etapa para o club biscaíno, que competirá o vindeiro ano na ARC, coa clara intención de voltaren o antes posíbel á elite do remo de banco fixo.

Voltar