Novas 2020

ESPECIAL

10 Ago 2020

Kaiku Vusa cesa o adestrador Carlos Rodríguez

Kaiku Vusa cesa o adestrador Carlos Rodríguez

Peio de Vega sustitúe o cántabro á frente do club sestaoarra para o que resta de tempada

Esta está a ser unha tempada dura para Kaiku Vusa que non dá colleitado bos resultados nas regatas desputadas polo de agora na Liga Eusko Label. O club biscaíno é último neste momento na clasificación xeral con 25 puntos, a 11 puntos da undécima praza que ostenta agora mesmo o CR Ares e daría o acceso ao playoff de setembro.

A Xunta Directiva do club sestaoarra tentou dar un golpe de efecto á tempada para procurar melloraren os resultados neste treito final de competición e para iso decidiu cesar do cargo de adestrador a Carlos Rodriguez. O biscaíno Peio de Vega farase cargo do club até o remate da tempada. O de Portugalete estivo ligado ao club verdinegro como remeiro e adestrador das categorías inferiores e agora asume o control do primeiro equipo para tentar sacar a Kaiku Vusa desta última plaza da clasificación.

Voltar