ACT TV 2022

ENTREVISTAS

29 Xan 2022

Kaiku e Getaria novos socios da ACT

Kaiku e Getaria novos socios da ACT

Os socios aproban o exercicio económico de 2021 e a xestión da Xunta Directiva 

Na Asemblea celebrada esta mañá, os socios da ACT deron por concluído o 2021 coa aprobación tanto do resultado das Contas Anuais como a xestión da Xunta Directiva. 

A Asemblea tamén serviu para relevar como socios da ACT os dous equipos descendidos e darlle a benvida aos novos socios. Neste caso, dous dos fundadores da ACT como SD Tirán e Zarauzko Arraun Elkartea deixan de ser socios da Asociación en favor de SDR Kaiku AK e Getariako Arraun Elkartea, sendo a estrea de Getaria como socio da ACT.

Logo da saída de Zarauzko Arraun Elkartea como socio da ACT, o seu presidente Jon Artola tamén deixa de realizar as funcións que viña desempeñando como vocal na Xunta Directiva da ACT, e cuxo sucesor ficou aprobado no decurso da Asemblea desta mañá. Será o galego Daniel Vázquez, presidente de CR Cabo Da Cruz quen entre na Xunta Directiva (exercendo de vocal) canda Txema Vizcaíno (que continúa como Tesoureiro); Pedro Olmedillo (como Secretario), e o Presidente Borja Rodrigo.

Por último, e noutra orde de cousas, tamén se decidiu o formato dos Play Offs da Liga Euskotren desta tempada 2022. 

Despois da ampliación prevista da competición feminina a oito equipos a partir da tempada 2023, o formato para decidir os ascensos e descensos tamén variou para o 2022 e permitirá axeitarse para as que serán as traiñeiras competidoras no 2023. 

Deste xeito, os equipos que fiquen nos tres primeiros postos da Liga Euskotren 2022, canda as dúas primeiras clasificadas de cada competición ARC-F e LGT-F estarán na Liga Euskotren 2023, mentres que a oitava praza decidirase no Play Off.

No dito Play Off participará a última clasificada da Liga Euskotren 2022 que se enfrentará ás dúas traiñeiras que se clasifiquen na terceira posición das mencionadas Ligas convindas coa Euskotren.
 

Voltar