Novas 2014

ESPECIAL

28 Dec 2014

Importantes novidades para 2015

Importantes novidades para 2015

A chegada da Liga San Miguel á Gold Coast australiana ou a incursión dun novo equipo, as máis significativas

A Asemblea celebrada o pasado 13 de decembro en Orio deixou decisións importantes no seo da Asociación, como é o caso das dúas principais novidades de cara a vindeira tempada da Liga San Miguel. A primeira delas é a fructificación do acordo entre a ACT e a ASRL -Australian Surf Rowers League-. Esta asociación australiana, que organiza a competición máis importante do surfboat do mundo, gozou ao vivo este verán de algunhas xornadas da Liga San Miguel, o que os animou a apostar por levar as traíñas ás súas augas. Unhas augas nas que, ademais do surf, un dos deportes rei é surfboat no que catro remeiros e un patrón enfréntanse nun campo de regatas cargado de ondas.

A expedición da ACT, encabezada por Pedro Andueza, chegou onte a terras australianas onde esta mañá se reuniu co presidente da ASRL, Bert Hunt, para formalizar o acordo que levará as traíñas da Liga San Miguel a vogaren o vindeiro mes de xuño nas aguas de Tugun, na Gold Coast, coincidindo coa disputa do Campionato de Australia de Surfboat. Cómpre sinalar tamén que será unha dobre xornada, na que a primeira destas se disputará baixo a modalidade de surfboat sen ser puntuábel para a Liga San Miguel.

A segunda das novidades, e cadrando coa disputa este ano da decimo terceira edición da Liga San Miguel, será a incursión dunha nova traíña entre os participantes, polo que este ano serán 13 as embarcacións que batallen por se facer pola Coroa “la Caixa”. A decisión da incursión desta traíña corresponderá ao Comité Técnico, que deberá presentar un candidato na vindeira asemblea para que esta aprobe a súa admisión. Malia isto, Eugenio Fernández, adiantou que a decisión está moi avanzada. “O pasado 14 de decembro en Pasaia abríronnos os ollos no reto que nos lanzaron e cremos que poderían ser uns bos candidatos a pelexar nesta nova edición”.

Bo día dos Inocentes! ;)

Voltar