ACT TV

ESPECIAL

20 Ago 2019

Imaxes para a lembranza

Imaxes para a lembranza

Nesta nova entrega da Eusko Label Liga por Dentro veremos o ‘making of’ da sesión de fotos de Orio Babyauto logo de se proclamaren campioas da Liga Euskotren

Conseguir a primeira Liga Euskotren sempre ficará grabado na retina de todas e cada unha das remeiras de Orio Babyauto. Todas lembrarán o momento no que cruzaron a liña de chegada na Zarauzko XI. Ikurriña e no que ergueron cara o ceo o Trofeo Euskotren no barco das autoridades.

Mais para alén destas memorias, convén tener unhas bonitas fotos que sirvan para lembrar a alegría do momento. É por isto que á volta de Zarautz, e antes de recibiren a calor de toda a vila, as remeiras da ‘Txiki’ pasaron pola nosa sesión de fotos no Arraunetxe de Orio. Unha a unha pasaron por diante das cámaras de ACT TV para posaren co Trofeo Euskotren.

Nesta nova entrega da Eusko Label Liga por Dentro, veremos como foi esta particular sesión de fotos das novas campioas da Liga Euskotren.

https://www.youtube.com/watch?v=ONIeYsle_EI&feature=youtu.be

Voltar