ACT TV 2020

ENTREVISTAS

30 Xu˜ 2020

Ilusión polo regreso

Ilusión polo regreso

Garikoitz Uranga lidera a Zarautz Babyauto no seu regreso á Eusko Label Liga

Logo dunha pretempada moi complicada, a volta da competición xa é unha realidade. E unha das traiñeiras que volta á máxima competición do remo é a de Zarautz Babyauto. Tras 10 anos lonxe da Eusko Label Liga, a ‘Enbata’ volta competir entre os máis grandes da modalidade.

O zarauztarra Gari Uranga repite este ano ao mando dun plantel, que con tres incorporacións e apenas unha baixa, non mudou con respecto á que liderou con puño de ferro na ARC e consiguiu o seu pase para a Eusko Label Liga no playoff de ascenso.

Uranga di que a traiñeira está “mellor do agardado”, tendo en conta os tres meses de adestramentos na casa e que até o momento “as lesiones estannos a respectar”.

Para o guipuscoano, a ilusión coa que chegan os seus ao comezo da liga será moi importante para caer de pé na Eusko Label Liga e axudaralles a conseguiren o seu obxectivo principal da tempada, que é “manterse e gozar da categoría”.

Voltar