Novas 2016

ESPECIAL

08 Ago 2016

Iker Zabala imprime ritmo á #PlaylistDeAgosto

Iker Zabala imprime ritmo á #PlaylistDeAgosto

Iker Zabala, remeiro de Urdaibai Avia, é o encargado de realizar a playlist deste mes

O mes de agosto xa está en marcha e como non pode ser de outro xeito, creamos unha nova playlist. Neste caso, a #PlaylistDeAgosto chega baixo a sinatura de Iker Zabala. O remeiro de Bermeo, lévanos a gozar da mellor música en inglés. Auténticos himnos como “The Unforgiven” de Metallica ou “Viva la vida” de Coldplay teñen cabida nesta nova listaxe de reprodución.

Ademais destes dous himnos, cancións como “Starlight” de Muse, “A thousand years” de Cristina Perri e “Personal Jesus” de Depeche Mode, tamén teñen cabida nunha playlist que transmite calma.

Xa para rematar, o remeiro bermeotarra, mediante as cancións “Infinity 2008” de Guru Josh e “What is love” de Haddaway remata coa serenidade predominante e mete un pouco de ritmo discotequeiro á playlist.
 

Voltar