Novas 2016

ESPECIAL

14 Mar 2016

Ibon imprime ritmo á #PlaylistdeMarzo

Ibon imprime ritmo á #PlaylistdeMarzo

O remeiro de Orio Babyauto, Ibon Arruti, preséntanos unha playlist moi activa

Chega o mes de marzo e con el unha nova playlist, neste caso, o encargado de realizala é o remeiro de Orio Babyauto Ibon Arruti. Nesta #PlaylistdeMarzo, o remeiro oriotarra trae unha variedade de cancións moi activas coas que se motiva para cada regata. Atopamos dende rap con "In Da Club" de 50 Cent, até reggae con "Positive Vibration" de Bob Marley. Porén, deixa oco na súa playlist para clásicos do xénero rockeiro como "Vertigo" de U2"Can't stop" de Red Hot Chili Peppers ou "Brown eyed girl" de Van Morrison.

Aínda, os xéneros nacionais como "De vuelta y vuelta" de Jarabedepalo e "Morena mía" de Miguel Bosé tamén teñen o seu sitio na #PlaylistdeMarzo canda o grupo vasco Su Ta Gar coa canción "Zure albotik urrun banago".

Finalmente, os ritmos látinos de Enrique Iglesias e Gente de Zona "Bailando", celebra os mellores resultados da traiñeira á que pertence. No dudidedes en darlle ao play e seguir o ritmo de Ibon Arruti.

 

 

 

 

 

Voltar