Novas 2017

ESPECIAL

15 Ago 2017

Iñaki Goikoetxea ponlle ritmo ao mes de agosto

Iñaki Goikoetxea ponlle ritmo ao mes de agosto

Iñaki Goikoetxea, remeiro de Urdaibai Avia, é o encargado de facer a Playlist deste mes de verán

Para o lequeitiarra, esta é a terceira tempada consecutiva, na loita pola Eusko Label Liga coa ‘Bou Bizkaia’. Este ano está sendo moi bo tanto para os ‘txo’s, porque lograron manter o liderado durante toda a tempada, como para Goikoetxea, xa que estivo titular en once das doce regatas desputadas até o de agora. Daquela, quen mellor para pór música ao mes de agosto?

Iñaki Goikoetxea, o protagonista da Playlist de agosto, revelou as súas vinte cancións favoritas. Nesta listaxe de cancións, salientan grupos e cancións vascas, como poden ser; Galtzaileen Kluba de Mconak ou Nazi de Fresa de Bizardunak. Aínda que a maioría delas sexan cancións con moito ritmo, hai algunhas máis relaxantes e pausadas: Tu Escala de Grises de Izaro e Giltzak de Ken Zazpi.

Goza da Playlist de Goikoetxea!

Voltar