Novas

ESPECIAL

18 Set 2020

Iñaki Errasti segue en Ondarroa Cikautxo

Iñaki Errasti segue en Ondarroa Cikautxo

O equipo biscaíno e o adestrador guipuscoano renovan o seu acordo por máis un ano

Ondarroa deu por rematada a súa tempada da Liga Eusko Label nas dúas regatas de finais de agosto en Galiza e xa comezou a pór as primeiras pedras para o vindeiro verán. A primeira decisión do equipo biscaíno foi a de renovaren por un ano máis a Iñaki Errasti á frente do plantel senior. Deste xeito, o adestrador guipuscoano cumprirá no vindeiro ano a súa cuarta tempada á frente da ‘Antiguako Ama’.

Nestas tres tempadas de Errasti ao mando do equipo, Ondarroa Cikautxo colleitou dous oitavos postos e un noveno na clasificación xeral da Liga Eusko Label.

Voltar