Novas 2014

ESPECIAL

04 Xu˜ 2014

Iñaki Arrieta marca o ritmo da #PlaylistDeXuño

Iñaki Arrieta marca o ritmo da #PlaylistDeXuño

O remeiro de San Pedro Ecolmare prepara unha lista con unha grande variedade de estilos.

O mes pasado tivemos unha listaxe dominada maioritariamente por músicas con tons moi rockeiros e metaleiro na #PlaylistDeMaio , desta vez, porén, atopámonos ante unha lista con unha grande variedade de estilos que nos leva dos tons máis tranquilos até o rock máis hardcore e os ritmos metaleiros. Desta vez Iñaki Arrieta, remeiro de San Pedro Ecolmare colle o testemuño de Julen Castrillon, Gabriel Ortiz, Cristian Laíño e Natxo Rodríguez. O gipuscoano preparou unha listaxe moi variada na que podemos atopar cancións relaxantes de ritmos moi pausados como "Welcome Home" de Radical Face, "Bleecker Street" de Simon & Garfunkel, "Mentira" de Manu Chao, "Bazkalosteko kafea" de Mikel Urdangarin e "Zapalduen Olerkia" do grupo vasco Ken Zazpi.

Opóndose radicalmente a estas anteriores tamén nos adentramos na sección máis cañeira da listaxe, onde atopamos os ritmos de RIP coa súa coñecida canción "Lepoan sartu ta segi aurrera", "Mari" de Su ta Gar, "Pauso bat" de S.A. e como non, "Bahia de Pasaia" (lugar onde adestran) de Barricada. Na listaxe tamén podemos atopar cancións rapeiras en vasco e castellano como "Haizea" de Glaukoma e "Cantando" dos maños Violadores del Verso. O rock vasco tamén ten presenza na lista da man de "Bizi" de Kauta, "Ikusi eta Ikasi" de Delirium Tremens e "Zertarako amestu" dos vascos Berri Txarrak. De lle dar un toque indie á lista encárganse Franz Ferdinand con "Come on Home" e Belako, o novo grupo de Mungia, con "Sea of confusion". Esta listaxe non podería estar completa sen engadir unhas cantas cancións míticas coñecidas por todos como "Heart of gold" do inmortal Neil Young, "Another Brick in the Wall" da banda de rock británica Pink Floyd, "Hoy te la meto hasta las orejas" de Extremoduro e "Izarren hautsa" do finado Mikel Laboa.

 

#PlaylistDeJunio 

Sea of Confusion - Belako 

Welcome Home, Son - Radical Face

Bleecker Street - Simon & Garfunkel 

Lepoan Hartu ta Segi Arrura - RIP

Bahía de Pasaía - Barricada

Pauso Bat - Soziedad Alkoholika 

Mari - Su ta Gar

Bazkalosteko Kafea - Mikel Urdangarin 

Zapalduen Olerkia - Ken Zazpi 

Bizi - Kauta

Ikusi - Delirium Tremens 

Zertarako Amestu - Berri Txarrak 

Haizea - Galukoma 

Cantando - Violadores Del Verso 

Come on Home - Franz Ferdinand 

Heart Of Gold - Neil Young 

Another Brick In The Wall - Pink Floyd 

Hoy te la meto hasta las orejas - Extremoduro 

Izarren Hautsa - Mikel Laboa 

Mentira - Manu Chao 

Voltar