Novas 2017

COMPETICION

08 Xul 2017

Hondarribia súmase á Festa

Hondarribia súmase á Festa Hondarribia súmase á Festa

A ‘Ama Guadalupekoa’ leva a XXVII. Orioko Estropadak, mentres que Hibaika Jamones Ancín se adxudican a V. Orio Kanpina Bandera

O río Oria recibiu as 22 traiñeiras participantes para desputar a terceira xornada da Eusko Label Liga e a primeira xornada do playoff de acceso á Liga Euskotren. Hondarribia sumouse á listaxe de vencedores de bandeira desta tempada ao conseguir o mellor rexistro da tarde, 19’39”76. Urdaibai Avia mantén o liderado da Eusko Label Liga, con apenas un punto de vantaxe sobre a ‘Ama Guadalupekoa’. Pola súa parte, Ioseba Amunarriz mantén, con 5 puntos, o liderado da clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón.

Hondarribia marcou dende o comezo o ritmo da quenda de honra ao iren de principio a fin na proa de quenda para marcar un rexistro final de 19’31”76. Urdaibai Avia logrou a segunda posición, a 3” dos de Mikel Orbañanos. Kaiku Producha e Orio Babyauto foron cuartos e quintos respectivamente con uns tempos de 19’44”12 e 19’49”56.
Zierbena Bahías de Bizkaia mantivo a emoción até o final con un grande tempo en meta, 19’39”04, o cal só puido ser superado por Hondarribia e Urdaibai Avia. Cabo, oitavo con 19’53”42, Tirán Pereira, décimo con 19’59”68 e San Juan Sumelec, onceavo con 20’04”, non puido seguir o ritmo marcado polos galipo.

San Pedro e Ondarroa Cikautxo loitaron até os derradeiros metros pola vitoria na primeira quenda de hoxe, vitoria que finalmente foi parar ao lado rosa. A ‘Libia’ levou o sexto posto con 19’51”12, mentres que a ‘Antiguako Ama’ rematou sétima a 2” de San Pedro. Ares foi noveno con 19’58”02 e Astillero voltou marcar o peor tempo da xornada con 20’10”76.

Hibaika Jamones Ancín leva a V. Orio Kanpina Bandera

O equipo de Rentería saiu vitorioso na V. Orio Kanpina Bandera, correspondente á primeira xornada do playoff de acceso á Liga Euskotren. O tempo marcado polas guipuscoanas foi de 10’37”12, o que lles serviu para tirar unha vantaxe de 3” frente as vixentes campioas, San Juan Iberdrola. Orio Babyauto fíxose coa terceira praza con 10’53”12, mentres que o cuarto posto foi para Arraun Lagunak Donostia, a 21” da cabeza de regata. Hernani Iparragirre Sagardotegia tentará superar mañá as donostiarras e melloraren o quinto posto colleitado hoxe e tentaren lograr unha das prazas que dean dereito a remar na Liga Euskotren durante o verán. Deusto Bilbao foi sexta con 11’08”46, Donostiarra sétima con 11’19”20, Portugalete oitava con 11’20”22 e Cabo novena con 11’21”38. Cikautxo Lea Artibai pechou a quenda feminina de hoxe con 11’58”28.

A Bandeira Giroa Veolia mañá en Donostia

Mañá porase en xogo a partir das 12.00 horas a segunda xornada do playoff de acceso á Liga Euskotren coa desputa da VI. Bandeira Euskotren, mentres que na Liga Eusko Label loitarase pola Bandeira Giroa Veolia, correspondente á cuarta xornada da competición.

Voltar