ACT TV 2017

ESPECIAL

27 Mar 2017

Hondarribia por riba de todos

Hondarribia por riba de todos

San Juan Iberdrola leva a vitoria e o Campionato de Euskadi de longa distancia entre as aspirantes a reinaren na Liga Euskotren

San Pedro acolleu máis unha vez o pasado sábado un dos encontros máis sonados da pretempada no que se xuntaron 45 traiñeiras, onde ademais se puxo en xogo o Campionato de Euskadi de longa distancia. De novo, a ‘Ama Guadalupekoa’ de Hondarribia impúxose entre a chuvia e o vento que reinaban na localidade guipuscoana, reafirmando así a boa forma física na que os bidasoarras se achegan a unha nova loita pola Coroa CaixaBank. A marca estabelecida pola tripulación de Mikel Orbañanos foi de 20’31”31, con unha vantaxe de 11” sobre Kaiarriba e 15” sobre Zierbena Bahías de Bizkaia.

Orio Babyauto ocupou o cuarto lugar con un tempo de 20’50”05 e Urdaibai Avia, pola súa banda, clasificouse en sexta posición marcando 20’53”08. Ondarroa, unha das debutantes desta tempada na ACT ocupou a sétima posición con 21’07”17, por diante de San Juan Sumelec e a ‘Bizkaitarra’ de Kaiku Producha, a 36” e 38” da cabeza respectivamente. San Pedro pechou a fila de aspirantes á Coroa CaixaBank en décima posición con un tempo final en liña de meta de 21’12”73.

Nas mulleres, a vitoria e por conseguinte, o título no Campionato de Euskadi de longa distancia foi parar ás mans de San Juan Iberdrola. O tempo final das ‘Batelerak’ foi de 11’40”74, con unha vantaxe de 4” sobre Hibaika Jamones Ancín. O podio desta proba completouno Orio Babyauto con unha marca de 12’20”99.

Voltar