ACT TV 2023

ESPECIAL

30 Xul 2023

Hondarribia gaña en Santurtzi

Hondarribia gaña en Santurtzi Hondarribia gaña en Santurtzi

Os verdes fixéronse coa Santurtziko XLIV. Ikurriña. Bermeo Urdaibai realizou unha grande remontada e clasificouse segundo, mantendo o liderado.

Hondarribia levou a Ikurriña de Santurtzi tras unha bonita regata. Os verdes pararon o cronómetro en 19:23 e Bermeo entrou 4 segundos máis tarde. Zierbena foi terceiro por unhas poucas centésimas e Lekittarra, que vogou na primeira quenda, marcou o cuarto mellor tempo da regata.

Os bermeotarras, malia non gañaren a regata, realizaron unha grande remontada. En algúns momentos da regata os biscaínos foron 10º na clasificación xeral e ao final, evitaron unha grande perda de puntos respecto a Hondarribia. Ao final, conseguiron até manter o liderado.

Polo tanto, Bermeo Urdaibai mantense na primeira posición da Liga Eusko Label con 99 puntos. Hondarribia é segunda con 98 puntos. Zierbena segue na terceira posición con 91 e a Donostiarra é cuarta con 74 puntos.

A Donostiarra vence en augas de Santurtzi
A Donostiarra gañou a Ikurriña Hospital San Juan de Dios Santurtzi tras unha grande regata. A Bantxa recibiu unha sanción de 3 segundos por bater cos remos con Tolosaldea, porén, aínda así,  levou a vitoria cun tempo de 12:51. Arraun Lagunak foi segunda a 3 segundos das vencedoras e Orio foi terceira a 7 segundos. A cuarta praza foi para Hondarribia, que desputou a primeira quenda.

Daquela, Arraun Lagunak consolida o seu liderado cun total de 50 puntos. Orio segue en segunda posición con 47. Donostiarra e Tolosaldea suman 39 puntos e son terceira e cuarta, respectivamente.

Voltar