ACT TV

ENTREVISTAS

26 Xul 2020

Hondarribia consegue a terceira vitoria dende a segunda quenda

Hondarribia consegue a terceira vitoria dende a segunda quenda Hondarribia consegue a terceira vitoria dende a segunda quenda

Malia a súa sanción, a ‘Ama Guadalupekoa’ leva a XXXV El Correo Ikurriña - Kutxabank Sari Nagusia – Lekeitioko Udala tras gañaren a segunda quenda, mentres que en mulleres Orio deu un paso adiante na clasificación ao gañaren a IX. Bandeira Euskotren

Dende a segunda quenda, Hondarribia aproveitouse das mellores condicións para levar a XXXV El Correo Ikurriña - Kutxabank Sari Nagusia – Lekeitioko Udala. Logo dun grande primeiro longo de ida, onde colleron vantaxe frente os seus perseguidores. Realizaron un traballo como o de onte, contra o reloxo. Malia recibiren unha sanción de 3 segundos por non teren feito caso das ordes dos xuíces, Go Fit Hondarribia marcou un tempo de 20:06.14 na meta. Por detrás, Zierbena tentou aguantarlles o ritmo, mais non puido ser, e a súa pelexa foi con Cabo na procura do segundo posto. Aí, os de Boiro tamén recibiron a sanción de tres segundos pola mesma razón, e na meta foi determinante a favor dos biscaínos. Daquela, Zierbena Bahías de Bizkaia fixo un tempo de 20:22.64 e Cabo de 20:25.28. Por detrás, a traiñeira local, Lekittarra Elecnor ficou atrás nas primeiras padas, e no fin conseguiu un tempo de 21:00.08.

Na quenda de honra, Urdaibai fixo unha exhibición semellante á das últimas regatas. Donostiarra dominou a regata até a derradeira ceavoga, e no último longo, viuse superado pola Bou Bizkaia. Cun tempo de 20:10.48 Bermeo Urdaibai Avia conseguiu o segundo mellor tempo da regata, por diante de Donostiarra Amenabar (20:15.92). Por detrás, e vendo que as dúas tripulacións escaparan, o líder tentou manter a Orio no seu carreiro, e foron cedendo tempo con respecto ás dúas tripulacións que vogaban por diante. No final, Orio conseguiu un tempo de 20:29.52 conseguindo o oitavo mellor tempo do día, mentres que Santurtzi Transportes y Gruas Aguado cun tempo de 20:32.20, caiu á penúltima posición. Con estes puntos, Urdaibai viste co mallote de líder ao recuperaren os oito puntos de desvantaxe que tiñan.

Na primeira quenda, Zarautz quixo tirar a espiña de onte, e saíron a por todas. Dende as primeiras padas colleron a dianteira da regata. No último longo, achegóuselle Ondarroa, mais os zarauztarras souberon manter a súa vantaxe. Nesa pugna con Ondarroa, a Enbata recibiu unha sanción de tres segundos por non acataren as ordes dos xuíces, e na meta conseguiron unha vantaxe maior á sanción. Zarautz Babyauto conseguiu un tempo de 20:20.92 (coa sanción), mentres que Ondarroa Cikautxo parou o cronómetro en 20:21.14. Por detrás, a pugna entre Ares e Kaiku tamén foi espectacular, e ao final a vantaxe foi para os ártabros cuns tempos de 20:30.00 e 20:31.04 respectivamente.

Orio tamén sabe gañar os domingos
Logo de varios domingos consecutivos sen daren conseguido a bandeira, á terceira as aguiluchas tiraron a espiña ao conseguiren a IX. Bandeira Euskotren. Despois dun óptimo primeiro longo, Orio e Donostiarra chegaron á ceavoga ao mesmo tempo, e con Hondarribia a 4 segundos. Na volta, Orio soubo aproveitar todos os metros, e cando os xuíces mandaron á Donostiarra para o seu carreiro, as de Nadeth Agirre escaparon. Grazas a isto, Orio asinou un tempo de 10:50.76 na meta, e Donostiarra Lacturale, porén, fixo 10:54.70. Pola súa banda, Hondarribia Bertako Igogailuak non aguantou o ritmo das dúas tripulacións despois da ceavoga, e chegaron á meta nun tempo de 11:15.28. Donostia Arraun Lagunak, por terceira xornada consecutiva, non puideron remar.

A competición colle unha semana de descanso
A próxima semana as competicións da Liga Eusko Label e da Liga Eusko Tren, collen un descanso, xa que se desputarán os Campionatos de España. Así, as nosas competicións voltarán o 8 de agosto coa desputa de Hondarribiko XXXIII. Bandera – Mapfre Sari Nagusia e XII. Txingudiko Bandera – Mapfre Sari Nagusia no sábado, mentres que no domingo tocaralle ás XXXVI. e III Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia.

Voltar