Novas 2020

ESPECIAL

17 Ago 2020

Hondarribia Bertako Igogailuak irá ao playoff

Hondarribia Bertako Igogailuak irá ao playoff

O equipo bidasoarra defenderá o seu status de equipo Euskotren nas regatas de promoción de setembro

Unha vez rematada a Liga Euskotren deste ano, a próxima vez na que teñamos representación feminina nunha regata da ACT será nas regatas de playoff de Bermeo e Portugalete, que se desputarán en setembro.

Coa desputa da última xornada, xa coñecemos as posicións finais na clasificación xeral da Liga Euskotren. Orio Arraunketa Elkartea levou por segunda vez o Trofeo Euskotren. Donostiarra e Donostia Arraun Lagunak repetirán o vindeiro ano na máxima categoría do remo feminino. E, por ter rematado na cuarta posición, Hondarribia Bertako Igogailuak defenderá a súa condición de equipo Euskotren no playoff de setembro.

Nestas dúas xornadas, as participantes loitarán por un posto no campionato feminino de 2021 en dúas regatas, a de Bermeo e a de Portugalete. As mozas de Iker Cortés traballan dende hoxe na preparación para estas dúas datas, co obxectivo de repetiren o resultado do ano pasado, cando consiguiron vencer no playoff frente a Hibaika Jamones Ancín e máis a Zumaia.

Voltar