ACT TV 2016

ESPECIAL

13 Set 2016

Herdeiros do playoff (II)

Herdeiros do playoff (II)

Ondarroa AE e Kaiarriba AE serán este fin de semana os representantes da ARC na loita polo ascenso á Liga San Miguel

Se esta mañá coñeciamos as opinións de Portugalete Eulen e CR Ares sobre o playoff, agora imos aos que nos chegan da Liga ARC 1. Por unha banda atopamos o campión e dominador absoluto do grupo, Ondarroa AE. Os ondarruarras conseguiron imporse con superioridade en todas as regatas a excepción de dous encontros, convertíndose nun dos favoritos ao ascenso en todas as quinielas. Por outra banda está Kaiarraba AE, unha embarcación que malia decidir mudar o adestrador na semana previa a encetar a competición, conseguiu ir de menos a máis e sacarlle a segunda plaza a Getariako AE na última xornada, outorgándolle así o segundo dos pases para o playoff.

Jon Iriondo, preparador de Ondarroa AE, e José Ramón Mendizabal, adestrador de Kaiarriba AE, tráennos a última hora das súas tripulacións e os seus prognósticos de cara o encontro de Bermeo e Portugalete.

Foto: Liga ARC

Voltar