ACT TV 2014

CLUBS

21 Mai 2014

"Hai ganas de Coroa en Orio"

"Hai ganas de Coroa en Orio"

Igor Makazaga, técnico de Orio Babyauto, non se agocha ante o favoritismo dos seus aínda que insiste en que o obxetivo é “consolidármonos arriba”

A tempada xa está a pouco máis dun mes do seu bandeirazo de saída en augas de Barcelona e todos os equipos afían armas nesta recta final da pretempada. Así pois, hoxe traemos o último dos 12 protagonistas desta Liga San Miguel. Precisamente, tal e como viñemos recollendo ao longo destes meses, trátase dun dos grandes favoritos para se erguer coa 'Coroa la Caixa': Orio Babyauto. "Se o din os demais, nos tomámolo como un recoñecemento ao que estamos a facer. É moi positivo que digan isto, pero eu penso que vai haber moita pelexa e hai moitos equipos que estarán nesa loita polas bandeiras", explica Igor Makazaga. "A nós o que nos move e nos motiva é metérmonos nesa batalla e consolidármonos entre os mellores", apunta o preparador aguilucho.

Á hora de falar dos posíbeis candidatos á vitoria, insiste na amplitude do abano. "Vai haber moitos equipos que en momentos puntuais estarán nesa loita polas bandeiras. De forma máis regular, Hondarribia Orsa e Kaiku Ambilamp, por unha banda, e Urdaibai Avia e Portugalete Eulen, serán os rivais a bater", apunta. Sobre a posibilidade de conquistar a primeira 'Coroa la Caixa', Makazaga admite que "hai ganas porque non se gañou nunca. Pero até que non se fagan cinco ou sete regatas, non se saberá a que poderemos aspirar".

Voltar