Novas

ESPECIAL

02 Nov 2020

Gustavo Vázquez colle o mando en Cabo

Gustavo Vázquez colle o mando en Cabo

O de Boiro colle o testemuño de Benigno Silva ao mando do equipo barbanzán

Os clubs están a piques de voltaren ao traballo este mes de novembro, algúns con moitas novidades e outros coas mesmas pezas no plantel que a pasada tempada. Un dos clubs que ten unha mudanza importante é Cabo, cun novo adestrador para o equipo que participará o vindeiro verán nunha nova edición da Liga Eusko Label.

Gustavo Vázquez colle de novo o mando do conxunto boirense para a tempada 2021 de remo e dalle así o relevo de Benigno Silva, quen ocupou nos últimos anos o posto de adestrador en Cabo. Esta non é a primeira vez que Gustavo Vázquez está á fronte da responsabilidade de liderar o equipo, xa que foi o encargado de adestrar o equipo no seu retorno á máxima categoría no 2014. Estas últimas tempadas, Vázquez estivo ao mando do segundo equipo, que milita na LGT-A.

En canto á tempada 2021, Cabo afrontará o seu décimo cuarto verán na Liga Eusko Label, onde tentará mellorar o sétimo posto obtido na campaña do 2020.

Voltar