ACT TV

ENTREVISTAS

22 Ago 2021

Go Fit Hondarribia volta gañar na casa 6 anos despois redondeando unha grande fin de semana

Go Fit Hondarribia volta gañar na casa 6 anos despois redondeando unha grande fin de semana

A Ama Guadalupekoa acurta máis dous puntos sobre Santurtzi, e está a apenas catro puntos da Corona CaixaBank

Go Fit Hondarribia, igual que fixo na xornada de onte, acurta outros dous puntos na clasificación xeral sobre Santurtzi Transportes y Gruas Aguado, sendo catro os puntos acurtados na fin de semana. A Ama Guadalupekoa dominou a Hondarribiko XXXIV Bandera-Mapfre SN dende o comezo, e seis anos despois a bandeira fica na casa, ademais de quedar a apenas catro puntos do líder (169 puntos ten Sotera e 165 GO fit Hondarribia). Os de Mikel Orbañanos foron os únicos en superaren o tempo de Orio Orialki, que dominou a segunda quenda por diante de Urdaibai. Esta vitoria permite aos verdes acadaren os 165, frente os 169 dos violetas, mentres que a San Nikolas achégase á quenda de honra (141 puntos ten Zierbena, e 140 Orio Orialki). Donostiarra Amenabar pola súa banda, queda na terceira praza despois do cuarto posto de hoxe.

A seguinte fin de semana a Liga EuskoLabel vogará en Galiza para pechar o mes de agosto, onde serán as últimas xornadas para as catro últimas traiñeiras da clasificación xeral. Na primeira quenda remarán CR Ares, Lekittarra Elecnor, SD Tirán Pereira e Zarautz Gesalaga Okelan; en la segunda estarán Orio Orialki, Bermeo Urdaibai Avia, Ondarroa Cikautxo y CR Cabo da Cruz, y cerrarán en la tanda de honor Santurtzi Transportes y Grúas Aguado, GO Fit Hondarribia, Donostiarra Amenabar y Zierbena Bahías de Bizkaia.  

No referido á clasificación do Mellor Patrón CaixaBank, esta fica así:  
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 19 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 16 puntos
3.- Óscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 11 puntos

Voltar