ACT TV

ENTREVISTAS

12 Xul 2020

Go Fit Hondarribia gaña a segunda xornada da tempada

Go Fit Hondarribia gaña a segunda xornada da tempada Go Fit Hondarribia gaña a segunda xornada da tempada

A “Ama Guadalupekoa” leva a XXXVII Bandeira Petronor logo dunha grande exhibición na primeira quenda, e a Donostiarra dá a sorpresa na competición de mulleres 

Go Fit Hondarribia fixo unha exhibición na primera quenda. A quereren tirar a espiña de onte, dende o comezo fixeron un traballo contra o reloxo, deixando atrás aos seus rivais. Aos poucos, os tempos aumentaron con respecto aos seus rivais e no fin conseguiron estabelecer un tempo de 19:43.92. Este tempo marcado na primeira quenda non puido ser mellorado polos demais, polo que a "Ama Guadalupekoa" logrou a súa segunda vitoria da tempada, sendo esta a súa primeira bandeira da tempada. Ares quixo aguantar o ritmo dos hondarribitarras, mais foilles imposíbel, marcando no remate un tempo de 20:14.20. Kaiku Vusa superou a Ondarroa nos metros finais e conseguiu 3 puntos moi válidos para a clasificación, marcando un tempo de 20:19.88. Ondarroa Cikautxo competiu cos galegos, e malia achegárense a un par de segundos, finalmente non puido superar a traiñeira de Ares, e ademais, foi superada por Kaiku marcando un tempo de 20:21.92 na meta.

Antes de comezar a quenda de honra, sabían que o tempo a mellorar era o que estabeleceu Go Fit Hondarribia na primeira quenda. Santurtzi Transportes y Gruas Aguado sabíao, e dende o comezo impuxo un ritmo alto. Deste xeito, malia a Donostiarra ter estado á altura coa Sotera, tivo que realizar un traballo individual a partir do segundo longo. Na última ceavoga estaban ao mesmo tempo que a Ama Guadalupekoa, mais ao final cun tempo de 19:47.98 non puideron gañar a Bandeira Petronor, ainda que si conseguiren algúns puntos que serán importantes para a clasificación. Grazas a eles, seguen a liderar a Liga Eusko Label. Donostiarra Amenabar, porén, non deu aguantado o ritmo do líder a partir da segunda metade e ao final parou o cronómetro nun tempo de 20:03.66. Na loita polo terceiro posto, Lekittarra Elecnor colleu a dianteira a Orio, e os biscaínos deron continuidade ao bo traballo de onte cun tempo de 20:10.30. Os Agilutxos conseguiron un tempo de 20:12.10, o oitavo mellor tempo do día.

Na segunda quenda, non deron mellorado o tempo dos da primeira quenda. Zierbena Bahías de Bizkaia e Bermeo Urdaibai Avia fixeron un traballo espectacular. Ambos ofreceron un grande espectáculo. Entre os dous, a diferenza non foi superior a tres segundos, e ao remate, os locais impuxéronse grazas ás ondas que apañaron no último longo. Na meta, marcaron un tempo de 19:48.22, dous segundos diante da Bou Bizkaia (19: 50.88). Por detrás, Cabo perdeu o ritmo das dúas primeiras embarcacións e puxéronse mans á obra en solitario. No fin remataron cun tempo de 20:11.24. Ao final, a recén ascendida Enbata, sabía o tempo dos seus rivais e tentaron melloráreno. E malia en moitos momentos melloraren o tempo de Kaiku, finalmente Zarautz Babyauto rematou cun tempo de 20:27.80, baixando ao último posto da clasificación.

A donostiarra dá a sorpresa
A regata comezou como é habitual, con Orio á frente da regata, onde se mantivo até chegar á ceavoga. Porén, á volta, a Donostiarra soubo aproveitar as ondas, e malia ter conseguido unha vantaxe de até 4 segundos sobre as aguiluchas, na meta logrou unha marxe de case dous segundos: 10:50.44 foi o tempo da Donostiarra e 10:52.08 para Orio. Na parte de atrás, a cousa foi igual. Ainda que chegaron por detrás á ceavoga, Donostia Arraun Lagunak, conseguiron superar a embarcación hondarribitarra, e aínda que a vantaxe chegou a ser de seis segundos, as dúas embarcacións entraron na meta nun intervalo de case un segundo. Donostia Arraun Lagunak marcou un tempo de 11:05.30, mentres que Hondarribia bertan Igogailuak fixo 11:06:64. Na clasificación, Orio segue a ser primeira con 15 puntos, Donostiarra é segunda con 11, e Donostia Arraun Lagunak e Hondarribia Bertako Igogailu ocupan os dous últimos postos con 7 puntos.

Getxo e Orio na vindeira semana
A vindeira semana tamén estarán en Bizkaia e Gipuzkoa os remeiros da Liga EuskoLabel e as remeiras da EuskoTren. O sábado desputase a XLII Ikurriña das Regatas de Getxo – XVI Bandeira do Prioritario J.A.Agirre. O domingo desputaranse as XXX Regatas de Orio – VIII Bandeira Feminina Orio Kanpina.

Voltar