Novas

COMPETICION

31 Xul 2021

Go Fit Hondarribia e Donostia Arraun Lagunak suman a Bandeira de Bilbao ao seu palmarés

Go Fit Hondarribia e Donostia Arraun Lagunak suman a Bandeira de Bilbao ao seu palmarés Go Fit Hondarribia e Donostia Arraun Lagunak suman a Bandeira de Bilbao ao seu palmarés

A Ama Guadalupekoa recorta puntos a Santurtzi e as donostiarras reforzan o seu liderado

Donostia Arraun Lagunak voltou imporse na  III. Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao por diante de Orio Orialki e Donostiarra Lacturale cunha renda de 6 segundos. Hondarribia Bertako Igogailuak ficou sete segundos por detrás na meta e mantense coa alerta vermella da Liga Euskotren. Con esta vitoria, Donostiarra Arraun Lagunak reforza o seu liderado con 29 puntos frente os 28 de Orio Orialki, e Donostiarra Lacturale fica na terceira praza da táboa con 19 puntos frente os 14 puntos de Hondarribia Bertako Igogailuak.
 
No referido á clasificación da mellor patroa da Liga Euskotren, fica así:
1.- Miren Garmendia (Hondarribai Bertako Igogailuak) 18 puntos
2.- Nadeth Agirre (Orio Orialki) 16 puntos
3.- Andrea Astudillo (Donostia Arraun Lagunak) 13 puntos

Go Fit Hondarribia conquistou a XII Bilboko Bandera - Bandeira de Bilbao por diante de Zierbena Bahías de Bizkaia e Santurtzi Transportes y Grúas Aguado, ficando a un único segundo do récord do campo de regata. Con esta vitoria, os hondarribitarras recurtan dous puntos á Sotera na xeral da Liga EuskoLabel e xa suman 90 puntos, frente os 94 de Santurtzi T. y G. Aguado. Pola súa banda, Orio Orialki foi cuarto na xornada deste sábado e mantense na cuarta praza da xeral. En canto á bandeira de mañá en Santurtzi, Donostiarra Amenabar, Urdaibai Avia, Cabo da Cruz e Tirán Pereira formarán na segunda quenda, mentres que na primeira estarán presentes Ares, Zarautz Gesalaga Okelan e Ondarroa Cikautxo. Lekittarra, que hoxe non puido facer parte da regata por casos de covid,  sumou catro puntos e mantense na 10ª praza da táboa.

Así fica a clasificación do Mellor Patrón CaixaBank logo da xornada de hoxe:
1.- Arkaitz Díaz (Donostiarra Amenabar) 13 puntos
2.- Gorka Aranberri (Santurtzi T. y G. Aguado) 8 puntos
3.- Óscar Hermo (CR Cabo da Cruz) 7 puntos
 

Voltar