ACT TV 2019

ESPECIAL

22 Xul 2019

Getxo volta á escena

Getxo volta á escena

Esta mañá presentáronse na localidade biscaína a Getxoko Estropaden XLI. Ikurriña da Eusko Label Liga e a Getxoko XI. Ikurriña da Liga Euskotren

Este domingo, a partir das 11:40 horas, a máxima categoría do remo voltará desembarcar en augas de Getxo para desputar unha nova edición da Getxoko Estropaden Ikurriña. Como vén sendo habitual neste encontro, as balizas de saída e chegada estarán colocadas frente o Porto Vello, onde tamén estará situada a Fan Zone da Eusko Label Liga.

As quendas desta regata, que se desputará a catro longos para as embarcacións da Eusko Label Liga, estarán formadas en base á clasificación final da xornada do sábado desputada en Santurtzi. Previa á desputa da quenda masculina, terá lugar a Getxoko XI. Ikurriña da Liga Euskotren.

Hoxe pola mañá tivo lugar o acto de presentación destas dúas bandeiras no que estiveron presentes Amaia Garcia, alcaldesa de Getxo; Álvaro González, concelleiro de Deportes do Concello de Getxo; Elena Zamora, directiva de Getxo Arraun Elkartea; e Borja Rodrigo, Presidente da ACT.

Voltar