Novas 2012

COMPETICION

25 Xul 2012

GETXO, PRAZA IMPRESCINDÍBEL NO ECUADOR DA LIGA SAN MIGUEL

GETXO, PRAZA IMPRESCINDÍBEL NO ECUADOR DA LIGA SAN MIGUEL

A cidade biscaíña acolle o domingo a 10ª proba puntuábel da Liga San Miguel, e a 5ª da Liga Euskotren

Getxo é unha praza imprescindíbel no remo da cornixa cantábrica. Nunca falla á súa obrigada cita a finais de xullo, festas patronais de San Ignacio. O domingo 29 de xullo disputarase ás 12 do mediodía a 10ª regata puntuábel da Liga San Miguel, a GETXOKO ESTROPADEN XXXIV. IKURRIÑA, e a 5ª regata puntuábel da Liga Euskotren, a GETXOKO IV. IKURRIÑA. Dobre cita remeira nun dos campos de regateo máis bonitos do Mar Cantábrico.

 

Esta mañá celebrouse a presentación da regata na Sala de Prensa da Policía local de Getxo, e a ela acudiron o Sr. Imanol Landa, alcalde da cidade de Getxo, o Sr. Alvaro Gonzalez, Concelleiro de Deportes do Concello de Getxo, o Sr. Marcos Bretos, presidente de Getxo AT, o Sr. Jose Ramón Basterretxea, veterano del club de Getxo, o Sr. Jon Garamendi, presidente de Raspas AT, e o Sr. Iñaki Mikeo, Xerente da ACT. A xornada comenzará ca disputa da Liga Euskotren, e continuará cas tres quendas da Liga San Miguel. As quendas estableceranse en base á clasificación da regata da véspera, a celebrarse en Pasai Donibane.

Voltar