Novas 2023

COMPETICION

28 Xul 2023

Getxo e Santurtzi para rematar o primeiro mes de competición

Getxo e Santurtzi para rematar o primeiro mes de competición Getxo e Santurtzi para rematar o primeiro mes de competición

Coa despedida de xullo, a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren chegarán ao seu ecuador

Tras a desputa das dúas regatas desta fin de semana, a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren despedirán o primeiro mes de competición, xullo. Con ela, chegaremos ao ecuador da competición masculina, mentres que na feminina pasarán ese ecuador.  
 
No sábado será a vez de Getxo, co seu campo novo, acollerá a novena xornada do calendario da Liga Eusko Label coa desputa da Getxoko Estropaden XLV Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XIX. Omenaldia (18:20 horas). Pola súa banda, a Getxoko Estropaden XV Ikurriña - JA Agirre Lehendakariaren XIX. Omenaldia (17:30 horas) será a sétima xornada da Liga Euskotren, que volta competir tras a semana de descanso.
 
No domingo as regatas serán especiais pola peculiaridade do campo de regatas de Santurtzi. A xornada comezará coa Ikurriña Hospital San Juan de Dios Santurtzi (11:25 horas) que se desputará a catro longos e tres ceavogas, realizando en total 1,7 millas mariñas en vez das 1,5 millas mariñas. A seguir, ás 12:15 horas será a vez da Santurtziko XLIV. Ikurriña a catro longos e tres ceavogas. Malia teren a mesma distancia e o mesmo formato, os carreiros son de diferentes distancias, polo que a regata será moi diferente para os deportistas. Os afeccionados, pola súa banda, verán moi de perto as traiñeiras a ambas beiras da ría. 
 
FAN ZONE
Esta fin de semana tamén haberá unha dobre ocasión para gozar da Fan Zone da Liga Eusko Label e Liga Euskotren. No caso do sábado, en Getxo, o espazo dos afeccionados situarase no porto deportivo, a carón do campo de regatas. No caso da xornada do domingo, estará entre Santurtzi e Portugalete, concretamente no Museo Naval. 
 
En ambos casos, os afeccionados poderán gozar de diferentes espazos dentro da Fan Zone. Por unha banda, poderase degustar o Bonito Eusko Label á grella, e a cervexa oficial da competición, Keler. Tamén se poderá seguir a regata ao vivo na pantalla xigante, ou tirar fotografías cos dous trofeos das competicións, a Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren.  

Voltar