Novas

ESPECIAL

17 Xul 2020

Getxo e Orio marcan o primeiro terzo da Liga

Getxo e Orio marcan o primeiro terzo da Liga

A quinta e a sexta xornadas da Liga Eusko Label desputaranse nesta fin de semana coa competición pola Getxoko Estropaden XLII. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVI. Omenaldia e a Orioko XXX. Estropadak - VIII. Orio Kanpina Bandera

Nun abrir e pechar de ollos situámonos ás portas da quinta e da sexta xornadas da Liga Eusko Label e máis da Liga Euskotren, co que despois da xornada do domingo teremos completado un terzo da loita pola Coroa CaixaBank e a metade da competición feminina.

A Liga Eusko Label chega a estas dúas xornadas con Santurtzi Transportes y Grúas Aguado como líder en solitario con 43 puntos, seguido por Donostiarra Amenabar con 39, Orio Arraunketa Elkartea con 36 e Bermeo Urdaibaia Avia a pechar a quenda de honra con 32. A metade da táboa confórmana GO fit Hondarribia no quinto lugar con 29 puntos, os mesmos que Zierbena Bahías de Bizkaia na sexta posición e cos mesmos puntos. Cabo e Lekittarra Elecnor ocupan a sétima e oitava praza, respectivamente, con 26 e 24 puntos. E na parte baixa da clasificación está CR Ares na novena posición con 18 puntos, Ondarroa Cikautxo décima con 16 e Zarautz Babyauto e Kaiku Vusa pechan a táboa con cadanseus 11 e 9 puntos.

No que respecta á clasificación do Mellor Patrón CaixaBank, Iñigo Larrinaga de Ondarroa Cikautxo lidera a táboa con 5 puntos, seguido de Josu Barturen, de Bermeo Urdaibai Avia, e Aitzol Garro, de Zarautz Babuauto, con 3 puntos.

Na Liga Euskotren, Orio Arraunketa Elkartea é líder destacada con 15 puntos e Donostiarra séguenas na segunda posición con 11 puntos. Donostia Arraun Lagunak e Hondarribia Bertako Igogailuak pechan a clasificación con cadanseus 7 puntos. Nadeth Agirre, de Orio Arraunketa Elkartea ocupa a primeira posición da táboa da Mellor Patroa con 9 puntos, seguida por Natalia Tubio, de Donostiarra, con 6. Nerea Pérez, de Hondarribia Bertako Igogailuak, e Andrea Astudillo, de Donostia Arraun Lagunak, están na terceira e cuarta posición con 5 e 4 puntos, respectivamente.

Getxo, sábado 17:40 horas

Liga Eusko Label:

            Último gañador: Donostiarra Amenabar 19’55”78

            Mellor rexistro: 19’18”70 (Castro 2009)

Liga Euskotren:

            Último gañador: Orio Arraunketa Elkartea 10’47”66

            Mellor rexistro: 10’34”00 (San Juan 2015)

Orio, domingo 11:40 horas

Liga Eusko Label:

            Último gañador: GO fit Hondarribia 19’42”94

            Mellor rexistro: 19’31”76 (GO fit Hondarribia 2017)

Liga Euskotren:

            Último gañador: Orio Arraunketa Elkartea 11’04”67

            Mellor rexistro: 11’01”94 (Zumaia 2013)

Voltar