ACT TV 2022

ESPECIAL

29 Xul 2022

Getxo e Lekeitio despedirán o primeiro mes de competición

Getxo e Lekeitio despedirán o primeiro mes de competición Getxo e Lekeitio despedirán o primeiro mes de competición

Coa despedida de xullo, a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren chegarán ao seu ecuador
 

Esta fin de semana, despois da desputa das dúas próximas xornadas, a Liga Eusko Label e a Liga Euskotren Liga despedirán o mes de xullo. Despedirémonos do primeiro mes de competición, que tamén será o ecuador de ambas competicións.  

O sábado será a vez de Getxo, co seu campo novo, acollerá a novena xornada do calendario da Liga Eusko Label coa desputa da Getxoko Estropaden XLIV Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XVIII. Omenaldia. Pola súa banda, a Getxoko Estropaden XIV Ikurriña - JA Agirre Lehendakariaren XVIII. Omenaldia será a sétima xornada da Liga Euskotren.

A xornada do domingo comezará coa XI Bandeira Euskotren que se desputará máis unha tempada en augas de Lekeitio, para posteriormente deixar o campo de regatas para as doce traiñeiras da Liga Eusko Label, que competirán para gañar a XXXVII. El Correo Ikurriña - Kutxabank SN - Lekeitioko Udala.

FAN ZONE
Esta fin de semana tamén haberá unha dobre ocasión para gozar da Fan Zone da Liga Eusko Label e Liga Euskotren. No caso do sábado, en Getxo, o espazo das afeccións colocarase no porto deportivo, a carón do campo de regatas. No caso da xornada do domingo, estará ao pé do club de Remo de Isuntza, na praza do porto. 

En ambos casos, os afeccionados poderán gozar de diferentes espazos dentro da Fan Zone. Por unha banda, poderase degustar o Bonito Eusko Label á grella, e a cervexa oficial da competición, Keler. Tamén se pode seguir a regata en directo dende a pantalla xigante, ou participar no Tour Coroa CaixaBank, e optar a gañar diferentes premios.

Voltar