Novas 2020

ESPECIAL

20 Xul 2020

Gañadores en toda parte

Gañadores en toda parte

As vitorias da Liga Eusko Label esta tempada xa se repartiron entre catro equipos distintos, cinco, se contarmos a IV Bandeira Cidade da Coruña que foi parar a mans da ‘Sotera’

Estamos ante unha das edicións máis abertas da Liga Eusko Label nas súas 18 edicións. Coa vitoria de Bermeo Urdaibai Avia onte en augas de Orio, xa son catro clubs con vitoria en algunha das xornadas desputadas até hoxe. Os ‘txo’ únense así a GO fit Hondarribia, Orio Arraunketa Elkartea e Donostiarra Amenabar na listaxe de gañadores dunha regata na Liga Eusko Label 2020. Se a este grupo de catro equipos, lles sumamos a III Bandeira Cidade da Coruña colleitada por Santurtzi Transportes y Grúas Aguado (por ter conseguido o mellor tempo na dobre xornada), chegamos á cifra de cinco vencedores de bandeira distintos.

A tempada comezou na Coruña con tres vencedores distintos nunha mesma fin de semana. A ‘Ama Guadalupekoa’ levou a vitoria na primeira xornada da campaña e Orio Arraunketa Elkartea fixo o mesmo na segunda. Pero o equipo máis regular da fin de semana foi a ‘Sotera’ e o primeiro trapo da Liga Eusko Label foi para Santurtzi.

A terceira xornada da tempada tivo a Donostiarra Amenabar como protagonista, conseguindo estes a vitoria na VIII Bandeira CaixaBank desputada en augas de San Sebastián. E o domingo, GO fit Hondarribia repetiu vitoria en Zierbena.

Os ‘aguiluchos’ de Orio sumaron a súa segunda vitoria do verán neste pasado sábado ao venceren na Getxoko XLII. Ikurriña e Bermeo Urdaibai Avia sumouse á listaxe de gañadores onte na regata desputada en Orio.

Xa estamos afeitos e afeitas a que durante a tempada de verán, por mor da máxima igualdade as vitorias se repartan entren varios equipos. Por pormos un exemplo recente, na tempada pasada, os seis primeiros da clasificación xeral na loita pola Coroa CaixaBank conseguiron polo menos unha vitoria. Mais a maior diferenza a respecto da tempada pasada é que nesta xa temos cinco vencedores, en apenas seis xornadas!

O único antecedente que iguala esta situación foi no 2010, cando nas primeiras seis xornadas tamén foron capaces de se facer coa vitoria cinco equipos distintos: Orio Arraunketa Elkartea, Bermeo Urdaibai Avia, Astillero, San Juan e Pedreña.

Voltar