Novas 2019

ESPECIAL

24 Ago 2019

Formación na loita contra a dopaxe

Formación na loita contra a dopaxe

Juan José Badiola, responsábel do órgao antidopaxe da Asociación, reuniuse esta mañá cos clubs da ACT

O Centro Social do Mar de Bueu acolleu esta mañá unha nova xornada formativa na loita contra a dopaxe na que estiveron presentes os médicos, remeiros e adestradores dos clubs socios. Este encontro ten como obxectivo formar os deportistas na batalla contra a dopaxe. Unha vez máis, Juan José Badiola, responsábel do órgao antidopaxe da ACT, deu un repaso á normativa do código internacional. Logo da breve exposición, os asistentes tomaron a palabra, xerando un debate no que se resolveron diferentes dúbidas.  

Voltar