Novas

ESPECIAL

21 Ago 2020

Fin de semana na ría

Fin de semana na ría Fin de semana na ría

Santurtzi e Sestao acollen esta fin de semana a décimo terceira e décimo cuarta xornada da Liga Eusko Label

Logo da desputa da Zarauzko Ikurriña na pasada fin de semana, a Liga Euskotren dá por rematada a tempada por este verán. Daquí en diante apenas restan as seis xornadas da competición masculina na que aínda está todo por decidir. Esta fin de semana vanse desputar a décimo terceira e décimo cuarta xornadas da Liga Eusko Label, onde están en xogo a XLI. Santurtziko Ikurriña o sábado e a XIX. Bandeira Concello de Sestao o domingo.

A clasificación deu volta nas últimas dúas xornadas e chega con Santurtzi Trasnsportes y Grúas Aguado como líder en solitario con 114 puntos, seguido por Orio Arraunketa Elkartea con 109 e GO fit Hondarribia e Bermeo Urdaibai Avia con 107. Donostiarra Amenabar abre a segunda quenda con 98 puntos e acompáñao Zierbena Bahías de Bizkaia con 97, Cabo con 78 e Lekittarra Elecnor con 50. Na parte baixa da táboa atopamos a Ondarroa Cikautxo con 49 puntos, Zarautz Babyauto con 47, CR Ares con 47 e Kaiku Vusa con 33 puntos.

Manuel Triñanes, de Cabo, mantén o primeiro posto na clasificación do Mellor Patrón CaixaBank con 8 puntos, os mesmos que Iñigo Larrinaga de Ondarroa Cikautxo. Con 6 puntos temos a Iñaki Goikoetxea, de Lekittarra Elecnor, e Asier Zurinaga, de Santurtzi Transportes y Grúas Aguado.

O sábado será a vez da Santurtziko XLI. Ikurriña, correspondente coa décimo terceira xornada do campionato. Os 12 participantes cumprirán unha distancia de tres millas náuticas (5.556 metros) sobre o percorrido do Gran Premio do Nervión. As tres quendas estarán divididas en base á clasificación xeral da Liga Eusko Label.

Orio Arraunketa Elkartea levou a vitoria na tempada pasada e marcou o primeiro rexistro deste campo de regatas nunha xornada da Liga Eusko Label, cun crono de 19’06”62.

O domingo a acción trasladarase uns metros máis abaixo na ría do Nervión, coa desputa da XIX Bandeira Concello de Sestao. Divididas en tres quendas formadas en base á clasificación final do sábado, as 12 embarcacións cruzarán catro veces por debaixo da Ponte Colgante para completaren un percorrido de tres millas náuticas (5.556 metros).

A vitoria do ano pasado na XVIII Bandeira Concello de Sestao foi para a ‘Sotera’ cun crono de 19’18”38, e o mellor tempo desta regata é para Astillero, con 19’04”13 na edición do 2010.

Voltar