ACT TV

ENTREVISTAS

22 Xu˜ 2020

Fame de gañar

Fame de gañar

Jon Elortegi estréase ao mando de Bermeo Urdaibai Avia nesta inminente tempada da Eusko Label Liga

Con todos os botes xa na auga, as tripulacións contan as horas para que chegue o esperado debut na baía da Coruña, onde se porá en marcha a tempada 2020 da Eusko Label Liga.

Un dos clubs que máis vontade ten de se reivindicar é Bermeo Urdaibai Avia, que logo dunha tempada pasada moi por baixo do que se agardaba dos ‘txos’, quere voltar á senda da vitoria este verán.

Para isto conta cun novo home ao mando do equipo. Jon Elortegi, ex-adestrador de Deusto e antigo remeiro da ‘Bou Bizkaia’, ponse ao mando dunha traiñeira de Bermeo que chega este verán con “tres ou catro mudanzas” a respecto da pasada campaña. Segundo Elortegi, “supliron ben eses cambios” e o plantel sae reforzado.

O adestrador da Barrika destaca a “fame de gañar” que teñen os seus mozos e que lles vai axudar nesta tempada “chea de incerteza”. A respecto dos seus rivais, Elortegi opina que “os equipos que veñen dunha continuidade, como Orio Arraunketa Elkartea e GO fit Hondarribia teñen vantaxe”, aos que engade Santurtzi Transportes y Gruas Aguado que formarían un trío de favoritos para conseguir a Coroa CaixaBank.

Voltar