Novas 2010

COMPETICION

04 Ago 2010

EXPEDIENTES TIRAN E ZUMAIA

En data 4 de agosto, o Xuíz Único da ACT, D. Miguel Juane, dictou Resolución, pola cal acorda impór unha multa a CR TIRÁN, por importe de 2.002.-€, en expediente disciplinario tramitado fronte o antedito Club por defectos na colocación das Tribunas así como por diversas irregularidades cometidas na balizaxe do campo de regatas, celebradas en Moaña os días 17 e 18 de xullo pasados.


Á súa vez, acordou incoar novo expediente disciplinario, esta vez fronte AITA MARI AE DE ZUMAIA, por posíbeis defectos igualmente na colocación das balizas do campo de regatas na proba disputada o pasado 1 de agosto na localidade de Zumaia, de cuxa organización era responsábel a mencionada entidade. Este novo expediente tramítase polo procedemento extraordinario e pode levar consigo unha sanción por infracción moi grave do Regulamento Disciplinario da ACT. Ábrese agora un período de catro días para que o presunto Club infractor propoña aquelas probas que, na súa defensa, xulgue oportunas.

Voltar