ACT TV

ESPECIAL

10 Xul 2020

Estrea en Bizkaia

Estrea en Bizkaia

Zierbena acollerá o domingo a XXXVII e IV Bandeira Petronor da Liga Eusko Label e Liga Euskotren

O domingo deputarase en Zierbena a cuarta xornada da Liga Eusko Label e máis da Liga Euskotren, onde se porán en xogo a IV e a XXXVII Bandeira Petronor. A xornada comezará ás 11:40 horas coa desputa da quenda feminina, onde as traiñeiras da Liga Euskotren desputarán a IV Bandeira Petronor nun percorrido dunha milla náutica e media (2.778 metros), con dous longos e unha ceavoga.

A seguir comezará a desputa da XXXVII Bandeira Petronor, onde os 12 clubs da Liga Eusko Label estarán divididos en tres quendas, organizadas en base á clasificación final da VIII Bandeira CaixaBank que se desputará o sábado en Donostia. As traiñeiras masculinas deberán completar tres millas náuticas (5.556 metros), con catro longos e tres ceavogas.

Voltar