Novas 2014

ASOCIACION

21 Mar 2014

Esther Queraltó, nova xuíza de disciplina

Esther Queraltó, nova xuíza de disciplina

A Asociación de Clubs de Traíñas celebrou hoxe a primeira parte de Asemblea de marzo no Hotel Los Ángeles de Guarnizo. Entre os puntos máis salientáveis, sinalar que se procedeu á aprobación da entrada da nova xuíza de disciplina, Esther Queraltó. O anterior xuíz, José Luis Carretero, comunicou hai dúas semanas á Xunta Directiva a súa renuncia ao cargo debido a motivos persoais que o van obrigar a estar lonxe do seu ámbito de traballo nos vindeiros meses. Así e todo, despois de sometelo a votación, os socios da ACT decidiron que Esther Queraltó sexa a nova responsábel deste cargo. A nova xuíza de disciplina ten máis de 25 anos de experiencia laboral no ámbito do asesoramento xurídico deportivo e, entre outras cousas, está moi ligada co mundo do baloncesto.

Voltar