Novas 2023

COMPETICION

13 Set 2023

Este sábado celébrase a Bermeo Hiriko XLI Ikurriña-BTWC

Este sábado celébrase a Bermeo Hiriko XLI Ikurriña-BTWC Este sábado celébrase a Bermeo Hiriko XLI Ikurriña-BTWC

Mais un ano, celébrase en augas de Bermeo, a penúltima xornada da Liga Eusko Label coa regata: "Bermeo Hiriko XLI Ikurriña-BTWC Bermeo Tuna World Capital". Trátase dun encontro no que, ademais, desputarase a primeira xornada de playoff da Liga Eusko Label e Liga Euskotren. Esta mesma mañá, a alcaldesa de Bermeo Nadia Nemeh Shomaly, o presidente de Bermeo Urdaibai Arraun Elkartea, Agustín Aranburu e Anertz Muniategi, membro da Xunta Directiva de Bermeo Tuna World Capital, explicaron os detalles da bandeira nunha rolda de prensa que decorreu en Arrantzaleen Museoa. 

"Neste grande ambiente festivo, o sábado, 16 de setembro, celebramos a regata da nosa localidade, de Bermeo. Estamos a desexar que chegue este encontro que será, sen dúbida, a grande festa das traiñeiras. Do Concello convidamos a todos e todas as bermeotarras e visitantes a pasáreno en grande e desfrutaren ao máximo. Recibirémolos cos brazos abertos. Tamén, gustaríanos agradecer a todas as persoas organizadoras o grande labor que realizan ano a ano. Eskerrik asko"  manifestou a alcaldesa. 

A xornada dará comezo cos playoffs da Liga Euskotren ás 17:30 horas. A seguir, ás 18:04 horas, será a vez do playoff da Liga Eusko Label. Sobre as 18:47 horas celebrarase a primeira quenda da Liga Eusko Label, Bermeo Hiriko XLI Ikurriña-BTWC Bermeo Tuna World Capital , e, a partir das 19:16 horas, a segunda.
A zona lúdica cunha pantalla xigante para ver a regata instalarase no porto vello-portu zaharra de Bermeo.
 

Voltar