Novas 2014
ENTREVISTAS
23 Abr 2014
"Este año comezamos un novo reto"
Asier Zurinaga explica a reconversión que experimentou a 'Bizkaitarra' para esta tempada na que queren ser "ambiciosos"
O vixente campión da Liga San Miguel, e posuidor en propiedade da 'Coroa la Caixa', Kaiku Ambilamp, experimentou esta tempada unha renovación total nas súas filas. "Tivemos moitos movementos no plantel e este ano comezamos un novo reto. Non temos claros aínda os obxectivos, pero van ser ambiciosos", explica Asier Zurinaga. "Sempre asumimos con naturalidade ser uns dos galos e a ilusión coa que estamos adestrando é para seguir séndo", comenta o da 'Bizkaitarra'.
Desta reconversión do club kaikutarra, Zurinaga apunta que "estamos máis unidos que nunca, pero tamén é certo que tiñamos un bloque feito e estanos a custar porque non estamos afeitos a superar estes retos que outros equipos quizais teñan todos os anos. Hai xente moi nova e con moitas ganas de estar nun equipo punteiro", comenta o da 'Bizkaitarra'. Á hora de fixar un favorito decántase por Orio Babyauto. "Fixo un bloque con unhas incorporacións moi boas e este ano non lles vai valer ser segundos na casa. E iso quizais lles poida pesar un pouco. Tamén meto nesta loita a Hondarribia Orsa, Urdaibai e mesmo a nós", comenta. A nivel persoal gustaríalle "gañarlle a Ioseba Amunarriz o título de mellor patrón".