ACT TV 2021

CLUBS

18 Mai 2021

"Estamos con vontade de competir"

"Estamos con vontade de competir"

Benjamín Vázquez, adestrador de Tirán Pereira analiza o retorno do equipo á Liga Eusko Label.

Malia as incertezas que poida haber sobre o nivel dos rivais, amósase satisfeito co traballo de pretempada que fixo o equipo. Vázquez amosouse contento porque este ano puideron adestrar con máis facilidades que no anterior, e malia as lesións, o equipo non tivo interrupcións para poderen adestrar. 

Grazas a ese traballo previo, ve o equipo “con moita vontade. Logo de dous anos a competirmos aquí en Galiza, vexo o equipo con vontade de competir e voltar á Liga Eusko Label”, afirma o preparador. 

É consciente de que o obxectivo da tempada será “mantérmonos na categoría”, e nese camiño descoñece os rivais aos que terán que superar. Ao non poder realizar descensos en Galiza, e non participar en ningún do País Vasco, “temos menos referencias que nunca”. O que si sabe Benjamín, é que o seu barco “anda ben, un pouco máis que no ano pasado”.

Voltar